viernes, 1 de diciembre de 2017

Recompilación de xogos tradicionais

Hoxe comezamos esta andaina polas novas tecnoloxías dende o departamento de Educación Física.

Nas nosas clases é importante que o alumnado valore a importancia dos xogos tradicionais e dos deportes. Por unha banda, axudan ao desenvolvemento das capacidades físicas:  resistencia, velocidade, coordinación, percepción e motricidade. Por outra banda,  coa práctica destas actividades logramos que os alumnos melloren o seu rendemento físico fomentando unha vida saudable.

Na nosa revista escolar "As nosas cousas" sempre adicamos un artigo aos xogos tradicionais. Ao longo dos anos fómolos recollendo nun pequeno dossier que podedes ver a continuación: